Elección Histórica da Costa da Morte Etapas da elección: Unha vez se conte cos tres candidatos por concello, comezará nas páxinas "corcubion.com" e "quepasanacosta.com" a elección da personaxe máis sobranceira de cada municipio. Será unha votación aberta na rede, onde os internautas, e mesmo poderán propoñer nomes alternativos aos tres expostos. Estas suxerencias serán comunicadas ao colaborador de cada concello, quen valorará a a aposta. Por suposto, expoñeranse nas páxinas web as breves descricións dos candidatos para que todo o mundo poida facer unha axeitada avaliación sobre a súa importancia histórica. Esta votación municipal farase durante un mes. Finalizada a votación, o primeiro de cada concello competirá contra os outros trece primeiros candidatos (un por concello). Esta segunda votación durará outro mes e non admitirá propostas alternativas. A persoa que obteña máis votos dos internautas será designada como o Primeiro Personaxe Histórico da Costa da Morte (votación popular). Pola súa banda, os catorce colaboradores da iniciativa votarán tamén entre os catorce finalistas (dando tres puntos ao primeiro, dous ao segundo e un punto ao terceiro, sen votar ao representante do seu concello). A persoa gañadora desta votación convertirase no Primeiro Personaxe Histórico da Costa da Morte (votación do xurado). Se houbese empate nesta segunda votación gañaría o candidato (dos empatados en primeiro lugar) con máis votos populares. Se houbese empate na primeira votación, o gañador seria o candidato con máis votos do xurado. |